Dende embutidos e aceite, ata licores, viño, mel queixo e tamén artesanía. Na fin de semana do 2 e 3 de setembro a praia fluvial do Malecón do Barco acollerá unha nova edición da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico Galicia e Norte de Portugal.
Esta iniciativa está promovida polo Eixo e polo Concello do Barco e o seu recinto feiral poderá visitarse en horario de 11h. a 14h. e de 17h. a 21h., tal e como vén de facer público a organización.