Neste domingo 9 de outubro estaban convocados ás urnas todos os estamentos atléticos que decidirán a futura composición dos órganos de goberno da Federación Galega de Atletismo
Entre as oito mesas electorais que abrían as súas portas en Galicia entre as 16h. e as 20h. de outubro estaba unha no Barco, na sede da Delegación Valdeorresa da FGA, no estadio de Calabagueiros.
En Galicia había ademais outras sedes de votación na Coruña (mesa principal), Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol (todas elas mesas auxiliares xunto coa do Barco).
Fotos: A.R.