Cun minuto de silencio, que remataba cun longo aplauso, a veciñanza do Barco amosaba ás 12h. deste 11 de setembro a súa repulsa e o seu pesar polo suceso acontecido onte, no que unha moza aparecía morta nun céntrico piso da localidade. Esta concentración estaba convocada polo Concello, tras unha xuntanza de urxencia dos portavoces muncipais na que se tomaba o acordo de convocar este acto.
O alcalde do Barco, Alfredo García, rodeado de membros da Corporación, confirmaba que a morte da moza “foi violenta”, pero que, polo momento non están claras as circunstancias do suceso. Tamén amosaba a consternación da sociedade barquense ante este feito, “ao que non está acostumada”, e adiantaba que no momento no que se coñezan máis datos sobre este suceso se comunicará e poderían convocarse máis actos.
Fotos: A.R.