A 3º Copa España Sprint individual de descenso de augas bravas desenvolvíase esta tarde no río Sil,no Barco. Incluía dúas 2 mangas (ás 15h. e ás 17h.) con saída da zona do cachón. Os premios desta competición entregábanse na tarde do sábado. O Fluvial Barco lograba unha ducia de podios nesta competición nacional, que ao mesmo tempo era campionato galego da modalidade.
Mañá, 7 de maio disputarase a Copa de España Clásica individual (ás 10h.) e o Campionato nacional de patrullas clásica (11:30h.) con saídas dende Éntoma ata a pasarela da área recreativa do Salgueiral.
Nestas citas participaban uns 120 padexeiros de ata 18 clubs de Galicia, pero tamén doutros puntos de España.
O evento, organizado pola Federación Española de Piragüismo, conta coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, a Deputación de Ourense e a Federación Galega de Piragüismo, ademais de co patrocinio de Iberdrola.
Fotos: Carlos G. Hervella.
