EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA celebrará o Día da Nai con sorteos e agasallando aos clientes con plantas

Foto: A.R.

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra o Día da Nai coa campaña de dinamización “con N de Nai”, que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

O CCA O Barco instalará, durante o venres 5 de maio, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na praza do Concello, unha caseta á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra (cun nome e un teléfono de contacto) nunha urna. Os tíckets deberán corresponder ás compras realizadas do 26 de abril ao 5 de maio.

Entre todos os participantes sortearanse, ao azar, dous vales de compra por valor de 50€, cada un, para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco.

 

 

Tras o éxito desta acción nas súas dúas últimas edicións, a asociación entregará aos clientes, que depositen o seu tícket de compra na urna, unha pequena planta como agasallo (ata fin de existencias).

O sorteo celebrarase o luns 8 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados poderán recoller o seu premio na oficina do CCA O Barco (c/ España, 1) a partir do martes 9 de maio, en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Os establecementos poderán gardar os tíckets dos seus clientes correspondentes ás compras do venres 5 de maio en horario de tarde e entregalos, antes da celebración do sorteo, na oficina do CCA O Barco.

Artigos relacionados

Back to top button