Aínda que levan anos traballando na candidatura, non era ata comezos deste mes de maio cando dende o proxecto “As Letras de Florencio” presentaban ante a Real Academia Galega, a candidatura oficial do poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán como homenaxeado do Día das Letras Galegas de 2022.

E días despois de entregar o documento, o proxecto lanzaba unha campaña de difusión a través das redes co obxectivo de recompilar apoios para a candidatura. Os do Centro Comercial Aberto O Barco e Aeva non se facían esperar, materializándose neste mesmo mes, o apoio destas dúas institucións ao proxecto “e sobre todo a axuda a para a difusión da campaña de apoio á candidatura oficial para as Letras de 2022”, explican.

Un apoio que ratificaban na mañá deste luns 30 de maio coa foto oficial de representantes de ámbolos dous colectivos, así como do alcalde do Barco, Alfredo García e da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta diante do cartel oficial da campaña, na praza do Concello do Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella.