EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Barco CCA e AEVA piden colaboración para reunir corchos de botellas de viño de cara a preparar a campaña de Nadal

Estes tapóns poden ser novos ou usados, sintéticos ou naturais “xa que os usaremos para a decoración dos establemcentos asociados”, din dende estas entidades empresariais

 

Imaxe dunha rúa do centro do Barco no pasado Nadal./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os comerciantes e empresarios valdeorreses xa están preparando a vindeira campaña de Nadal. Ademais apostan por unha decoración diferente e neste senso dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) pídese a colaboración de tendas e de veciños da comarca co fin de reunir o maior número posible de tapóns de corcho de botellas de viño “xa sesan novos ou usados, sintéticos ou naturais, e que usaremos para a decoración dos establecementos asociados”.

Ademais pretenden que os veciños e comerciantes sexan protagonistas nestas datas e pediranlles que se reúnan “nun lugar, un día e unha hora concreta, ataviados con motivos navideños, para facer unha foto de familia que utilizaremos para o fondo do cartel de Nadal que decorará os nosos establecementos e que, para favorecer a súa divulgación, publicarase nas redes sociais”, adiantan. Esta convocatoria “incluirá unha sorpresa para os asistentes”.

Deste xeito estas asociacións pretenden “transmitir unha mensaxe de concienciación sobre a reutilización de residuos e comunicar a colaboración de AEVA e do Centro Comercial Aberto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, poñendo en valor un dos piares económicos e culturais de Valdeorras: o noso viño. Porque queremos que este Nadal sexa Un Nadal de Todos”.

Artigos relacionados

Back to top button