EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Barco CCA e AEVA súmanse á XXIII Feira do Viño de Valdeorras con sorteos

Sotearanse 15 packs consistentes nunha copa oficial da mostra e 4 degustacións de viños entre os clientes dos 6 establecementos de hostalaría participantes na campaña

Foto: A.R.

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco colaboran na promoción da XXIII Feira do Viño de Valdeorras co sorteo de quince packs consistentes nunha copa oficial do evento e catro degustacións de viño.

Os clientes que consuman viño de Valdeorras nos establecementos de hostalaría participantes nesta iniciativa (Asador de Viloira, Bajo 5, Café Bar Zig Zag, Casa Galaica, La Maltería e Piquiño)– terán ao seu dispor un boleto, que encherán cos seus datos, para entrar no sorteo de quince packs para consumir no recinto da feira os días 9 e 10 de xullo, na praza de Viloira (O Barco).

“Deste xeito, o sector hostaleiro quere incentivar o consumo do viño da comarca e, ao mesmo tempo, colaborar na promoción da XXIII edición da feira, que se celebra de novo tras o parón de dous anos provocado pola pandemia”, explican estas dúas asociacións empresariais.

A promoción desenvolverase entre o xoves día 23 de xuño e o mércores día 6 de xullo, celebrándose o sorteo o xoves día 7 de xullo, data na que se contactará cos quince agraciados.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button