
O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco vén de iniciar a segunda entrega de material de protección fronte ao Covid-19, tras a realizada o pasado 21 de maio. Agora entregaranse un total de 20.500 mascarilllas cirúrxicas e hixiénicas entre pequenos negocios e comercios da vila, así como entre o sector hostaleiro.
A iniciativa ponse en marcha a través dun convenio de colaboración co Concello do Barco, que destinou unha partida económica para a compra e posterior reparto do devandito material entre comerciantes, empresarios e hostaleiros da vila; tanto para socios do CCA como para os que non forman parte desta asociación.
Cada negocio benefíciase dunha caixa de cincuenta máscaras cirúrxicas e hixiénicas. O material poderá recollerse na oficina do CCA O Barco (rúa España, 1) dende este mércores 25 de novembro, en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
