EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA pon en marcha a campaña “Mamá, quero ser coma ti” cun concurso de fotos

Desenvolverase ata o 3 de maio a través das redes sociais da asociación e o premio á foto máis votada será un vale de compra de 200 euros

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco vén de poñer en marcha neste 20 de abril a súa campaña para celebrar o Día da Nai, que este ano será o 3 de maio. Pero desta volta, e dada a situación de emerxencia sanitaria actual, a campaña chega con novidades.

“Adaptándonos á situación de estado de alarma na que nos encontramos e seguindo a mesma liña que na campaña do Día do Pai, a asociacion plantexa un concurso de fotografías a través da rede social Facebook”, explican dende O Barco CCA.

Así, a campaña “Mamá, quero ser coma ti”, que se desenvolverá ata o 3 de maio, contará con dúas fases. Primeiramente, do 20 ao 26 de abril, os participantes deberán enviar ao 698 13 05 64 (vía WhatsApp) unha fotografía na que apareza a parella nai/fillo-a, indicando o nome completo do participante. Todas as imaxes que nos cheguen serán publicadas na nosa páxina de Facebook”, indican dende a asociación.

En segundo lugar, os usuarios desta rede social poderán votar á súa foto favorita do 27 de abril ao 3 de maio. A foto con máis gústames a será a ganadora. A imaxe premiada darase a coñecer a través das redes sociais da asociación o luns 4 de maio.

Ademais, “os protagonistas da fotografía serán premiados cun vale de compra por valor de 200 € que deberán gastar nos establecementos asociados nun máximo de catro horas”, comentan dende O Barco CCA. Dende esta entidade tamén aclaran que “o día e as horas para desfrutar do premio elexiranse en función da disponibilidade dos ganadores do sorteo “Mamá, quero ser coma ti”, e cando a situación de estado de alarma na que nos encontramos finalice”.

Artigos relacionados

Back to top button