ConcellosO Barco

O Barco CCA promove un mural que homenaxea aos sectores económicos da zona

Imaxe do mural./ Cedida.

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, que preside Jacobo Arias, aposta por promover os principais sectores económicos de Valdeorras, ademais da tradición e cultura da comarca, nun mural que “funcione non só como un elemento de homenaxe aos nosos empresarios e autónomos, senón tamén coma reclamo turístico co obxectivo de que a cidadanía Elixa O Barco; que é o lema da acción”, explican dende a entidade.

O mural decorará unha casa localizada na rúa San Roque pero cuxo lateral se encontra na praza das Airas, en plena zona vella do Barco.

O deseño é obra do artista valdeorrés Orde,Caos quen mestura “realismo en branco e negro con debuxo a cor para conseguir unha imaxe que evoca todos os sectores económicos da vila, a través de diferentes elementos tradicionais, e amosa a nosa cultura e patrimonio onde o Camiño de Inverno, ruta oficial a Compostela, tamén ten cabida”.

A través desta acción de promoción, o CCA O Barco, en colaboracióin co Inorde, quere fomentar o consumo local e comarcal, e promover a contorna como lugar de ocio e turismo. “Este pequeno mural funcionará coma un elemento de interese e atracción para a veciñanza pero tamén para turistas e peregrinos”, resaltan.

Artigos relacionados

Back to top button