EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Barco Centro Comercial Aberto celebrará o seu magosto do 21 ao 23 de outubro

Os tíckets dos establecementos participantes nesta campaña poderán cambiarse neses días por "cucuruchos" de castañas

 

 

Nova campaña neste outono da Asociación Centro Comercial Aberto (CCA). Trátase dunha acción de dinamización que busca “poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña nova e atractiva”, asegura a entidade.

Esta iniciativa consistirá na instalación dun carriño ou locomotora de castañas asadas na Praza do Concello do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:
Xoves 21 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas
Venres 22 de outubro, de 17:30 horas a 20:30 horas
Sábado 23 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas

Os clientes só entregarán tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tíckets ao día.

Artigos relacionados

Back to top button