ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco contará cun novo mural, na praza das Airas

Homenaxeará aos sectores económicos e está promovido polo Barco CCA en colaboración co Inorde

 

A vila do Barco contará en breve cun novo mural. Será no casco vello, e máis en concreto, na rúa das Airas. Na mañá do luns o seu creador, o artista vilamartinés Orde.Caos, comezaba xa a trazar as cuadrículas sobre as que se realizará despois a obra. Situarase na parte lateral dun edificio situado na rúa San Roque e que dá á citada praza.

Trátase dun mural no que se homenaxeará aos sectores económicos da zona, e especialmente ao comercio e á hostalaría. A iniciativa está promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Inorde.

Artigos relacionados

Back to top button