
O conselleiro de Sanidade, Julio García, vén de dar conta en rolda de prensa das decisións tomadas na última reunión do Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid-19 en Galicia. Así, soamente un concello continuará en nivel máximo de restricións en Galicia, que será o do Grove.
En nivel alto de restricións serán 55 os concellos galegos, sendo só 2 os da provincia de Ourense: O Barco e Verín. Así sairá deste nivel de restricións o concello de Ourense.
En nivel medio de restricións estarán un total de 69 concellos galegos, entre eles 10 da provincia de Ourense: A Rúa, Riós, Avión, Monterrei, Xinzo de Limia, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles e Allariz.
Deste xeito, isto suporá que concellos como os de Vilamartín e A Pobra de Trives, que ata o de agora estaban en nivel medio, pasarán ao nivel medio-baixo.
Estes cambios nos niveles de restricións dos concellos entrarán en vigo ás 00h. do vindeiro 14 de agosto.