ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco continuará en nivel medio de restricións

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Na reunción que celebraba na pasada tarde do Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid-19 en Galicia acordábase non modificar os niveis de restrición dos concellos galegos. Así, ficarán unicamente en nivel medio os municipios de Foz e O Barco de Valdeorras.

 Os restantes de concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

52 casos activos nesta xornada no Barco, 1 menos que onte

Parece mellorar a tendencia no Barco. Nesta xornada o concello rexistra 52 casos activos de Covid, 1 menos que onte. No caso da comarca son un total de 60 os positivos, segundo os datos (actualizados ás 18h. de onte) comunicados aos concellos polo Sergas.

Ademais dos xa citados do Barco, en Valdeorras hai outros 9 casos activos: 1 no Bolo, 1 en Carballeda, 3 na Rúa, 1 en Rubiá, 1 na Veiga (1 menos que onte) e 1 en Vilamartín, segundo os datos facilitados polo Sergas aos Concellos. Larouco e Petín continúan libres de virus.

Artigos relacionados

Back to top button