ConcellosÚltima hora

O Barco convoca as axudas municipais a entidades culturais e ANPAs

 

As bases que regulan a convocatoria de axudas a ANPAS e asociacións culturais do Concello do Barco para os exercicios de 2018 e 2019 veñen de ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). En todos os casos o prazo de solicitude é de dez días hábiles contando desde o seguinte día ao de publicación no BOP.

O 22 de novembro de 2019 foron publicadas no BOP as bases polas que se regula o réxime de concesión de axudas ás ANPAS do Concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2018. Prazo de presentación de solicitudes ata as 14 horas do día 9 de decembro de 2019.

O 23 de novembro de 2019 foron publicadas no BOP as bases polas que se regula o réxime de concesión de axudas ás ANPAS do Concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2019. Prazo de presentación de solicitudes ata as 14 horas do día 9 de decembro de 2019.

O 25 de novembro de 2019 foron publicadas no BOP as bases polas que se regula o réxime de concesión de axudas ás entidades culturais do Concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2018. Prazo de presentación de solicitudes ata as 14 horas do día 10 de decembro de 2019.

O 26 de novembro de 2019 foron publicadas no BOP as bases polas que se regula o réxime de concesión de axudas ás entidades culturais do Concello do Barco de Valdeorras para o exercicio 2019. Prazo de presentación de solicitudes ata as 14 horas do día 11 de decembro de 2019.

Todas elas foron aprobadas por resolución da alcaldía o 14 de novembro de 2019. As solicitudes presentaranse no modelo previsto no anexo I, dispoñible na páxina web do Concello (www.concellodobarco.org/Acceso sede electrónica/Impresos e formularios/Solicitudes) no Rexistro Xeral do Concello. Edificio Multiusos, praza do Concello, 2, 1º andar, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Artigos relacionados

Back to top button