ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

O Barco de Valdeorras rende culto ao Cristo dos Ferroviarios

A procesión do Vía Crucis o Mércores Santo marca o inicio dos días grandes da Semana Santa nesta vila valdeorresa

 

San Mauro, rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación Renfe, Eloi Rodríguez Barrios e de novo Eloi Mira e San Mauro. É o percorrido que no solpor deste 13 de abril, Mércores Santo, completaba a procesión do Vía Crucis coa que O Barco de Valdeorres rende culto cada ano ao Cristo dos Ferroviarios. Aínda que este ano o programa de actos litúrxicos e cultos da Semana Santa inclúe moitas novidades, tamén mantén outros xa tradicionais coma este.

 

 

 

Así, levado por catro confrades, o paso do Cristo pechaba a comitiva que ás 21 horas saída da igrexa de San Mauro, seguida polos fegreses, parando para rezar en cada estación do Vía Crucis, con parada máis prolongada diante da Estación de Ferrocarril barquense, onde tal como adoitaba facer antes da pandemia, a poeta Mª Carmen Gago Florenti leu un par de poemas. Aproveitando o momento e antes de regresar novamente á igrexa, o novo párroco do Barco Jesús Álvarez, fixo fincapé no illamento ao que están somentendo tanto ao Barco como ao Bierzo, a nivel de transporte, reivindicando a recuperación do servizo de tren perdido para ambas zonas.

 

 

O programa da Semana Santa no Barco de Valdeorras, continúa mañá Xoves Santo, coa celebración comunitaria da penitencia, ás 11:30 horas na igrexa de San Mauro. Xa pola tarde, ás seis celebrarase na igrexa de Santa Rita a Misa na Cea do Señor co lavatorio de pés. E pola noite, trala procesión do Silencio (22 horas) coa imaxe de Xesús Nazareno (saída e regreso á igrexa de San Mauro), celebrarase a Hora Santa na igrexa de Santa Rita, diante do Monumento (23 horas).

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button