En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco en prealerta por desbordamento do Sil

Segue chovendo e o cauce do Sil ao seu paso polo Barco segue medrando. Ata tal punto que ás 13h. do 12 de febreiro a localidade entraba en prealerta por desbordamento do río. A altura da auga acadaba a esa hora os 3,48 metros de altura, tras ir subindo nas últimas horas dende os 2,65 metros que presentaba ás oito da mañá ata os 3,33 metros das 12h, rozando xa o umbral da prealerta, segundo os datos que manexa a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Ás 14h. a altura do río era xa de 3,64 metros ao seu paso pola vila.

Zonas como o paseo fluvial do Malecón aparecen xa cubertas pola augas do Sil e tamén baixan cun gran caudal aflúentes deste río como é o caso do Cigüeño.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button