DeportesÚltima hora

O Barco, escenario da competición española de augas bravas

O río Sil acollerá na fin de semana do 13 e 14 de maio a Copa España Clásica individual e por patrullas, e a Copa España sprint
O piragüista barquense Jesús Rodríguez, nunha edición anterior destas probas españolas de augas bravas no Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

A competición nacional de augas bravas regresa ao Barco. O río Sil será escenario na fin de semana do 13 e 14 de maio de tres citas españolas desta modalidade. A primeira das probas en celebrarse será a Copa España Clásica individual, coa saída do primeiro padexeiro ás 15:30h. dende Éntoma. A meta situarase no entorno da pasarela do Malecón. Incluirá ademais o campionato galego nesta modalidade de augas bravas. Despois, sobre as 18h., desputarase o Campionato de España por patrullas (equipos de tres padexeiros) na especialidade clásica.

Este evento deportivo completarase na mañá do 14 de maio coa Copa España sprint, cuxa primeira manga principiará ás 10h. dende a zona das Cortes. A meta estará situada 50 metros despois do cachón.

Estas catro competicións serán organizadas pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración co Club Fluvial Barco, que contará ademais cunha notable representación de padexeiros en cada unha delas.

Artigos relacionados

Back to top button