ConcellosCulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco festexa o San Roque

No mediodía do 16 de agosto a imaxe de San Roque, portando nunha das súas mans un acio de uvas brancas, percorría en procesión o barrio barquense que leva o nome deste santo. Despois, tiña lugar a misa no exterior da capela onde se garda esta imaxe.

Numerosos veciños participaban nestes actos relixiosos, que agora continuarán cunha sesión vermú, onde non faltaba o son das gaitas, e coas actuacións, xa pola tarde-noite, do grupo valdeorrés Los Íñigos e do DJ M. Angelo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button