ConcellosFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

O Barco honra ao Cristo

A procesión coa imaxe de Xesús Nazareno percorría a vila valdeorresa no día grande das festas

Calantornias e cabezudos bailando ao son dos Bertolini contaxiaban de festa as rúas do Barco dende as once da mañá do 14 de setembro, día grande das festas do Cristo nesta localidade valdeorresa. Minutos antes do mediodía, este cortexo musical dirixíase cara a igrexa de San Mauro pola estrada xeral da vila. A eles uníanse os membros da Corporación barquense e, logo, a Banda de Música A Lira de Ribadavia.

Unha vez na praza de San Mauro, ateigada de xente, agardábase á saída da imaxe do Cristo. De seguido, calantornias, cabezudos e gaiteiros ían abrindo paso a unha longa procesión coa imaxe, portada por membros da Confraría Xesús Nazareno, que, tras percorrer o casco antigo, regresaba pola avenida Manuel Quiroga á igresa e de seguido á praza Maior. Alí oficiábase unha multitudinaria misa ao aire libre.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button