Sen cambios. O concello do Barco rexistra neste martes 19 de xaneiro 9 casos activos de Covid-19, a mesma cifra que onte, segundo os últimos datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello.
En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes seguen manténdose entre 1 e 9 casos, o mesmo que a incidencia, que continúa >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.