ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco mantense no nivel vermello de alerta con 84 positivos en Covid-19

A Consellería de Sanidade sitúa a este concello no nivel pola alta taxa de incidencia nos últimos 7 días

Imaxe do centro da vila do Barco.

 

Aínda que en menor medida hoxe, os contaxios por Covid-19 no Barco de Valdeorras seguiron subindo na última semana, e segundo o nivel de alerta de Covid-19 elaborado por concellos dende a Consellería de Sanidade, o municipio valdeorrés conta cunha taxa de 21 ou máis contaxios á semana. Unha cifra que non descende no caso da media acumulada nos últimos 14 días. Concretamente a día de hoxe, 9 de outubro, hai un total de 84 casos activos, cinco menos que onte, segundo informa o alcalde Alfredo García, o que o mantén no nivel de alerta vermello.

Así se reflicte no mapa que a Xunta empezou hoxe a enviarlles aos concellos, en cumprimento do acordo alcanzado o martes pasado entre a administración galega, as entidades locais e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Os mapas vanse publicar dúas veces á semana.

No mapa desta semana vemos os concellos cos niveis de alerta para os casos acumulados nos últimos sete días. A práctica totalidade de Galicia está en cor verde, é dicir, nivel 1, que significa que hai menos de sete casos novos á semana. No lado contrario están os concellos en vermello, practicamente concentrados na provincia de Ourense: a capital, O Carballiño, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, O Barco de Valdeorras, Monterrei e Verín.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button