En portadaÚltima hora

O Barco manterá as condicións especiais para as terrazas ata o 31 de xullo

Este asunto analizábase na Comisión de Obras do Concello, tendo en conta os cambios tras a fin do estado de alarma

Mesas dun establecemento de hostalaría barquense situadas nunha zona de aparcamento.

Coa volta á actividade hostaleira a primeiros de maio, tras o parón na actividade provocado pola crise do Covid, o Concello do Barco permitía a instalación de terrazas en zonas de aparcamento co fin de permitir que se mantivesen as distancias de seguridade e, ao mesmo tempo, que se garantise a seguridade dos viandantes.

Tras a fin do estado de alarma e a situación de “nova normalidade”, este asunto volvía a analizarse na comisión municipal de Obras celebrada neste martes 23 de xuño. Nesta reunión a comisión acordaba “permanecer, con carácter excepcional e transitorio nos emprazamentos nos que están nestes momentos as terrazas ata o 31 de xullo de 2020 para garantir o tránsito de peóns con total seguridade. Sempre, respectando as limitacións de aforos determinadas polas autoridades sanitarias”.

Ademais no encontro decidíase que unha vez chegada esa data volverase a estudar a situación e “decidirase a continuidade dos emprazamentos actuais ou, no seu caso, a volta á normalidade no que atinxe á ubicación das terrazas”.

Artigos relacionados

Back to top button