CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco non pode co Viveiro e cae 1-3 en Calabagueiros

 

As contas non lle están saíndo ao CD Barco no inicio desta tempada en Terceira RFEF, perdendo na tarde deste domingo 16 de outubro o cuarto partido en cinco xornadas.

Trala vitoria 0-3 no campo do Rápido de Bouzas, os rapaces de Javier Rey saían esta tarde ao terreo de xogo en casa, no campo de Calabagueiros, dispostos a sumar de novo pero nin o xogo nin o resultado acompañaban aos do Barco.

 

O míster do CD Barco, Javier Rey.

 

Tras moitos intentos e varias ocasións claras que paraba o gardamenta local, o Viveiro adiantábase no marcador co gol de Rolle no minuto 37. O Barco tamén tiña un par de ocasións e nunha delas Pazos poñía o 1-1, chegando ao descanso co empate.

Tralo paso polo vestiario o Viveiro aumentaba a distancia marcando Sane o segundo gol da tarde no minuto 65, sendo de novo Rolle quen sentenciaba o encontro poñendo o 1-3 final.

Con este resultado os valdeorreses baixan ata os postos de descenso á espera de enfrontarse ao Gran Peña FC (noveno) no Municipal Barreiro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button