Como vén sucedendo dende o 27 de maio, tamén no Barco proseguen as concentracións en defensa dunha “atención primaria digna”. No mediodía deste luns 17 de xuño, veciños e profesionais sanitarios volvían congregarse durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde desta vila valdeorresa con pancartas co lema “Xuntos por unha Atención Primaria digna”, facendo deste xeito visible a súa demanda.
Fotos cedidas.