En portadaÚltima hora

O Barco prepárase para celebrar a Festa dos Maios

Ademais das tradicionais esculturas vexetais e do canto das coplas, a celebración incluirá actuacións e unha mostra de artesanía ao longo da xornada do 1 de maio na praza do Príncipe de Asturias
Imaxe da pasada edición da Festa dos Maios no Barco./ Foto: A.R.

 

Flores, fiunchos ou musgo como materia prima artística para dar forma a unha anterga tradición que celebra a chegada da primavera. O Barco é unha das localidades galegas onde aínda pervive a Festa dos Maios, que enche cada primeiro de maio de fermosas esculturas vexetais e do son de satíricas coplas o centro da vila.

Como o pasado ano, o escenario da celebración será a praza do Príncipe de Asturias. Os actos comezarán ás 11:30h. coa apertura dunha mostra de produtos de alimentación e artesanía. Ademais chegarán á praza os Maios que participarán no concurso, tanto enxebres como artísticos. 

Ás 12:30h. darase paso a actuacións de música e baile tradicional. Polo escenario da praza do Príncipe pasarán os grupos Abertal da Rúa, con música, pandeireteiras e baile, e o grupo Aires del Cabrera de Pombriego que actuará no Barco por primeira vez, ofrecendo unha mostra do rico folclore da veciña comarca leonesa.

Ás 13:30h. cantaranse as coplas e pola tarde (17:30h) será a representación de teatro guiñol que ofrecerá Mircromina Títeres baixo o título de “Vacacións no mar”. Ás 19:30h. daranse a coñecer os premios e finalizará a festa. O Centro Comercial Aberto participa xunto co Concello do Barco na organización desta festa.

Coplas que participarán no concurso deste ano./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button