EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco promocionarase na Mostra Expocidades, que se celebrará en Ferrol do 13 ao 15 de maio

 

Os próximos 13, 14 e 15 de maio, celébrase o certame de Expocidades do Eixo Atlántico en Ferrol, unha mostra na que o Concello do Barco participará cun stand propio e no que ofrecerá diversas degustacións ao logo dos tres días de duración da feira, tal e como se detalla no programa que se adxunta na parte inferior desta información.

Durante toda a fin de semana poderanse visitar as 31 casetas que estarán instaladas fronte ao concello —16 de municipios e entidades galegas, 11 portuguesas, o Foro Termal do Eixo Atlántico, Turismo do Porto e Norte de Portugal e a Asociación Ibérica de Municipios Ribeiregos do Douro— . Este evento busca promover o turismo de proximidade entre as localidades e deputacións galegas e portuguesas que forman parte do Eixo Atlántico. Ademais, haberá unha caseta de degustacións gastronómicas.

Durante a mañá do sábado 14 terá lugar un showcooking no mercado municipal do barrio da Madalena a cargo dos actuais embaixadores do proxecto Dieta Ártabra.

VII Mostra Musical

A Mostra Musical é un evento que busca recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica e aficción á música entre os máis novos, tanto en Galicia como no norte de Portugal. Este ano participarán 39 solistas e 8 agrupacións procedentes dunha vintena de municipios. As actuacións terán lugar no Auditorio e no Conservatorio de Música Xan Viaño.

O domingo 15 de maio será clausúraa da Mostra e a entrega de premios. A xornada comezará ás 16.30 horas cunha actuación musical, seguida dunha homenaxe á compositora portuguesa, Isabel Soveral. A entrega de premios está prevista ás 17.30 horas.

Tren turístico

A concelleira de Turismo anunciou que durante a Mostra Musical o Concello de Ferrol vai poñer en marcha o tren turístico municipal, que realizará o sábado 14 e o domingo 15 ata o mediodía percorridos gratis desde Caranza, onde está o Auditorio, ata o centro da cidade pasando por diferentes barrios.

Expocidades e a Mostra Musical desenvólvese no marco do proxecto Hi_ Experience cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP).

PROGRAMA DE DEGUSTACIÓNS:

VENRES – Inauguración 13H00
13h30 Polbo do Carballiño, Empanada e Pan de Carballo, Empanada de Iscos de Monforte de Lemos
Viño Mencía da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos e Viño de Misa e Viño Verde da Adega Cooperativa de Braga
Doces tradicionais de Braga e Roscas de Carballo
Degustación do Chef Manuel Almeida, de Vila Nova de Gaia – a confirmar

VENRES
15h00 Biscoitos tradicionais, regueifa doce, queixo, marmelo, Viño Quinta das Arcas de Valongo
15h30 Bola de Cebola, Biscoitos e Produtos Locais da Maia
16h00 Doces tradicionais e Viños de Barcelos
16h30 LIBRE
17h00 Augas de Mondariz Balneario
17h30 Rabanadas Poveiras de Póvoa de Varzim
18h00 Mel de Urze, Auga das Pedras, Doce e Pastel de Vila Pouca de Aguiar
18h30 Conservas e produtos da industria conserveira de Matosinhos
19h00 Bolinhol de Vizela
19h30 Velhotes e Viño do Porto de Vila Nova de Gaia
20h00 Cristas de Galo, Pitos de Santa Luzia e Vinho Generoso da Adega VR de Vila Real

SÁBADO
13h30 Viños de Valdeorras do Barco de Valdeorras (NECESARIA INSCRICIÓN NA CASETA DO BARCO DE VALDEORRAS)
14h00 Augas de Mondariz Balneario
14h30 Rabanadas Poveiras de Póvoa de Varzim
15h00 Conservas e produtos da industria conserveira de Matosinhos
15h30 Biscoitos de Viana e Viño Verde de Viana do Castelo
16h00 Bolinhol de Vizela
16h30 LIBRE
17h00 Doces tradicionais e Viños de Barcelos
17h30 Bola de Cebola, Biscoitos e Produtos Locais da Maia
18h00 Mel de Urze, Auga das Pedras, Doce e Pastel de Vila Pouca de Aguiar
18h30 Cristas de Galo, Pitos de Santa Luzia e Vinho Generoso da Adega VR de Vila Real
19h00 Viños de Valdeorras de O Barco de Valdeorras e empanada de Maravalla de O Barco de Valdeorras (NECESARIA INSCRICIÓN NA CASETA DO BARCO DE VALDEORRAS)
19h30 Embutidos, Presunto de Porco Celta e pan de Sarria
20h00 Viños de Valdeorras de O Barco de Valdeorras e empanada de Maravalla de O Barco de Valdeorras (NECESARIA INSCRICIÓN NA CASETA DO BARCO DE VALDEORRAS)
20h30 LIBRE
21h00 Viño Mencía da Ribeira Sacra con larpeira de Monforte de Lemos
21h30 Libre

DOMINGO
11h00 Recreación do almorzo de Valongo no século XIX, pela Confraría do Pão da Regueifa e do Biscoito de Valongo
11h30 Bolinhol de Vizela
12h00 Biscoitos de Viana e Viño Verde de Viana do Castelo
12h30 Bola de Cebola, Biscoitos e Produtos Locais da Maia
13h00 Viño D.O. Ribeira Sacra de Monforte de Lemos
13h30 LIBRE
14h00 Viño Mencía da Ribeira Sacra acompañado de bica con queixo do país de Monforte de Lemos
14h30 Conservas e produtos da industria conserveira de Matosinhos
15h00 Doces tradicionais e Viños de Barcelos
15h30 Rabanadas Poveiras de Póvoa de Varzim
16h00 Augas de Mondariz Balneario
16h30 LIBRE
17h00 Sopa Seca de Valongo
17h30 LIBRE

PROGRAMA DE ANIMACIÓNS:

VENRES
17h30 Workshop de pintura de Galos de Barcelos

SÁBADO
12h30 Actuación do Grupo de Baile Tradicional Alxibeira de Narón
15h00 Actuación Cabezudos, bombos recreación das rusga pela Asociación de Sermonde Cultural de Vila Nova de Gaia
16h30 «Rusga da Póvoa» das Festas de S. Pedro da Póvoa de Varzim – a confirmar
19h00 Workshop de pintura de Galos de Barcelos
Até ás 16h Stand Gaia artesán _ cerámica contemporánea José Fraga

DOMINGO
11h30 Workshop de pintura de Galos de Barcelos
12h30 Actuación da Banda de gaitas do Padroado da Cultura de Narón
16h00 Tocada do Rancho Folclórico e Recreativo de Godim de Peso da Régua – a confirmar
Todo o dia na caseta: Torta de Roxóns de O Barco de Valdeorras
Todo o dia: Padeira tradicional a ofrecer e Broa de Avintes, de Vila Nova de Gaia

DURANTE OS 3 DíAS:
– 1 Bugios e 1 Mourisqueiro de Valongo
– Biscoitos de Valongo
– Rebuçados da Régua e Biscoito Generoso de Peso da Régua
– Roda da Sorte – sorteos de ofertas do ParkHotel de Vila Nova de Gaia
Broa de Avintes de Vila Nova de Gaia

Artigos relacionados

Back to top button