Pasadas as 12:30 horas deste venres producíase un apagón no Barco de Valdeorras que deixaba sen luz a vivendas e tendas que estaban nese momento abertas.
A falta de luz tamén afectaba ao tráfico ao non funcionar os semáforos, o que complica a circulación de coches e peóns en certos tramos do centro, a pesar de que a Policía Local acudía a regular o tráfico.
No intre de escribir esta noticia aínda non se restablecera o subministro eléctrico na vila do Barco.
Fotos: O SIL.