DeportesPiraguismoÚltima hora

O Barco, referente español en descenso de augas bravas nesta fin de semana

O padexeiros Jesús Rodríguez (Fluvial Barco), nunha edición anterior da proba no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Esta fin de semana celebrarase unha nova proba do Campionato de España de Descenso de Augas Bravas e Patrullas, competición organizada polo Club Fluvial O Barco e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración co Concello do Barco e da Federación Española de Piragüismo, a cal leva realizando desde o ano 2008, con participación de deportistas de toda a xeografía española coa única excepción do ano pasado por motivos sanitarios. Ademais estas probas son clasificatorias para o campionato de Europa e Campionato do Mundo de descenso de augas bravas.

Este ano levará a cabo seguindo o estrito protocolo anticovid da federación galega, con especial seguimento das distancias de seguridade, interacción entre deportistas e medidas sanitarias de prevención. En total esta fin de semana organízanse 4 competicións de descenso de augas bravas no río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras.

O sábado día 15 de maio a partir das 15:30 h comezará a competición coa modalidade sprint, disputada sobre un percorrido de 40 m, con saída da zona do Cachón.

O domingo día 16 de maio a partir das 10 h comezará a copa España na modalidade clásica individual, que á súa vez tamén é campionato galego de descenso de augas bravas, cuxa saída se realiza na poboación de Entoma situándose a meta na pasarela verde que cruza ao o río Sil á altura do Salgueiral no centro urbano do Barco de Valdeorras.

Posteriormente e unha vez acabada a anterior competición, sobre as 11:30 h comezará o Campionato de España na modalidade de patrullas clásica. Ambas as probas deste domingo discorren sobre unha distancia de 4km. Á primeira hora de forma individual e despois por patrullas de tres deportistas por equipo.

 

 

Nestas competicións participarán padexeiros de case toda a xeografía española sendo as comunidades Autónomas de Cataluña, País Vasco, Asturias, Galicia, Castela e León as que máis deportistas achegan. Participan dous clubs ourensáns, Fluvial Barco participa con 15 padexeiros, mentres que o Fluvial Avión-Castrelo de Miño achega 6 deportistas.

A liga nacional desta especialidade de piragüismo consta de 3 probas, a primeira que xa se celebrou no mes de abril en Camarasa e Ponts (Lleida), a segunda será esta de O Barco e a terceira disputarase en xuño en Sabero (León). A día de hoxe tras a primeira proba na clasificación provisional primeiro é o club Sícoris (Lleida), segundo Fluvial O Barco (Ourense) e terceiro Montaña Quixos (Lugo).

Artigos relacionados

Back to top button