En portadaÚltima hora

O Barco rehabilitará a Casa dos Camineiros de Viloira

O Concello vén de presentar ao GDR o proxecto, cun orzamento de 88.000 euros, para levar a cabo esta intervención

Converter o antigo edificio da Casa dos Camineiros de Viloira nun equipamento sociocultural. É o obxecto do proxecto de rehabilitación deste inmoble que o grupo de goberno municipal do Barco vén de presentar á Comisión de Obras e que pretende realizar a través do GDR de Valdeorras. A intervención ten un orzamento duns 88.000 euros.

A Casa dos Camineiros é unha caseta do “século XIX utilizada no seu día polos peóns camiñeiros encargados da construción da rede xeral viaria. Localizado na Avenida Elena Quiroga 28, de Viloira, era propiedade da Xunta de Galicia, e o Concello tramitou hai uns meses a súa cesión para que pasara a ser propiedade municipal. Neste momento, o inmoble está en estado ruinoso, polo que será preciso realizar unha rehabilitación completa, tanto no interior como no exterior da edificación”, segundo se informa dende o Concello do Barco.

O proxecto contempla a rehabilitación das partes deterioradas do edificio e substituíranse as que se perderon. “Será preciso cambiar a cuberta de louxa, reparar todo o patio traseiro e facer un novo enfoscado da paredes externas, das que se respectarán todos os elementos construtivos orixinais, así como os sillares de pedra e as pezas que forman os aleiros”, tal e como adiantan dende o Concello.

Na distribución interior, haberá unha estancia para actividades xerais, que permita facer baile, ximnasia e ata proxeccións de cine. Tamén se contará con outra aula para a realización de actividades plásticas e/ou manualidades, e unha terceira estancia dedicarase a almacenaxe, ademais dos aseos. Son, en total, 83,5 metros de
superficie útil, e no proxecto tamén está prevista a substitución total do sistema eléctrico e de fontanería.

Artigos relacionados

Back to top button