ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 15 casos de Covid, 1 menos que onte

Centro da vila do Barco.

 

Despois dun leve repunte, o municipio do Barco volve a baixar, aínda que lixeiramente, no número de casos activos de coronavirus. Así, segundo os datos comunicados ao Concello do Barco polo Sergas neste 11 de novembro, son 15 os positivos no municipio, o que supón 1 menos que onte.

Este concello valdeorrés tamén continúa en nivel 1 de alerta (amarela) no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade. Así, segundo os datos da consellería, no Barco téñense rexistrado entre 7 e 14 novos casos de Covid-19 confirmados por PCR nos últimos 7 días.

 

Artigos relacionados

Back to top button