ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 17 casos activos de Covid, 2 menos que onte

No caso da comarca de Valdeorras son 22 o total de positivos rexistrados este luns

Imaxe do Barco, onde se rexistran 2 positivos menos que onte./ Foto: A.R.

 

Despois de máis dunha semana de ascenso, baixa a curva de casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 22 positivos na xornada deste luns 24 de maio, 2 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 17 casos activos, 2 menos que onte, cunha incidencia acumulada para este concello baixa hoxe, pasando dos >75 e ≤125 a sete días a >25 e ≤75. Esta incidencia mantense en >50 e ≤150 a catorce días. A Rúa pola súa banda contabiliza 3 positivos, a mesma cifra que onte.

No resto de concellos da comarca mantense a estabilidade. Rubiá e Vilamartín de Valdeorras seguen con 1 positivo cada un e o resto permanece libre de Covid.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 9 os ingresos, 4 deles na UCI e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button