
Mantense unha lixeira tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus no municipio do Barco. Segundo os datos comunicados neste martes 2 de decembro polo Sergas ao Concello, son 21 os positivos, o que supón 2 menos que os rexistrados o pasado venres.
Así mesmo, en canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 17, cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.



