ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 29 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Estrada xeral que cruza a vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Leve descenso nas cifras de casos activos de coronavirus no Barco. Así, segundo os últimos datos comunicados neste mércores 16 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 29 positivos, 1 menos dos rexistrados onte, xornada na que se matiña en 30 positivos (os mesmos que o luns).

En canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 23 (os mesmos que os rexistrados o luns), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantéñense, como no resto da provincia de Ourense (agás A Rúa e Sarreaus, con restricións medio-altas) as restricións básicas, se ben a consellería mantén unha vixilancia detallada da súa evolución.

 

Artigos relacionados

Back to top button