ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 42 casos activos de Covid, 3 máis que onte

Estrada xeral que cruza a vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúa subindo a curva de casos activos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra neste 29 de xaneiro un total 42 casos activos de Covid, 3 máis que onte, segundo os últimos datos comunicados hoxe polo Sergas ao Concello.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes suben a 42, 2 máis que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello tamén aumenta e sitúase hoxe en >250, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button