En portadaÚltima hora

O Barco rexistra 64 casos activos de Covid, 9 máis que onte

Unha das rúas do Barco.

 

A curva do Covid segue en ascenso no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos por Sanidade (actualizados ás 18h. 10 de xullo), son 64 os positivos de coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 9 máis que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días sitúase entre >250 e ≤500, segundo a Consellería de Sanidade.

Nesta xornada tampouco se rexistran ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button