
Continúa a lixeira repunta de casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 19 de novembro, son 25 os positivos de Covid-19, o que supón 1 máis que onte.
Por outra banda, este municipio valdeorrés mantén o nivel de alerta 1 (amarelo) no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade, cun rexistro de entre 7 e 14 novos casos de Covid-19 confirmados por probas PCR nos últimos 7 días.