Estabilidade na cifra de casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os datos comunicados neste luns 7 de decembro polo Sergas ao Concello, son 20 os positivos, o que supón 1 menos que os rexistrados o pasado xoves 3 de decembro.
Así mesmo, en canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 17, cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantese, como no resto da provincia de Ourense (agás Xinzo de Limia e Ribadavia, con restricións medio-altas) as restricións básicas.