ConcellosÚltima hora

O Barco ten 47 casos activos de Covid, 3 menos que onte

Panorámica da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Nova baixada de positivos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra un total 47 casos activos de Covid, 3 menos que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 10 de febreiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes descenden a 52, 6 menos que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello está en >250, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button