ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco ten 55 casos activos de Covid, 3 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Segue descendeno a curva do coronavirus no Barco. Este concello rexistra un total 55 casos activos de Covid, 3 menos que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 7 de febreiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes mantéñense en 61, 1 menos que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello está en >250, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button