DeportesÚltima hora

O Barco, unha das dúas sedes galegas dos exames a xuíz de atletismo de nivel I

 

O Comité Galego de Xuíces convocaba neste sábado 8 de outubro exame para obter o título de Xuíz de Nivel I en dúas sedes: O Barco (onde se examinarán os inscritos en Valdeorras e Lugo) e en Santiago (resto de delegacións de Galicia). No caso do Barco o exame realizábase no IES Lauro Olmo e a el presentábase un total de doce persoas.

Os novos titulados que saían desta proba permitirán reforzar á base de xuíces xa existente na Delegación Valdeorresa de Atletismo, onde a súa delegada é Montserrat Barrio.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button