DeportesEnduroÚltima hora

O barquense Diego Teixeira volve subir ao alto do podio no Campionato de España de Hard Enduro

Era primeiro na carreira disputada a pasada fin de semana en Cantoria (Almería)

Diego Teixeira durante a carreira./ Foto cedida.

 

Novo ano e novos podios. O piloto barquense Diego Teixeira continúa pelexando no Campionato de España de Hard Enduro e a pasada fin de semana viaxaba ata terras andaluzas para participar, e gañar, na proba celebrada en Cantoria (Almería).

O sábado, 26 de febreiro, celebrábanse os adestramentos libres así como as cronos clasificatorias para a saída do domingo e tal como conta o propio Diego, comezaba a chover xa a primeira hora “e non paraba ata última hora da tarde, algo que me beneficiaba porque estou máis acostumado a andar en terreo húmido que o resto de pilotos”, co cal levábase a pole sendo o máis rápido da súa categoría. No scrach quedaba no posto 13° na xeral coa categoría de profesionais. “Quedei moi contento do resultado do día”, asegura o piloto.

 

Outro momento da carreira en Cantoria (Almería)./ Foto cedida.

 

E xa o domingo era a carreira propiamente dita. O tempo cambiaba e o terreo secábase máis con cada volta que daban os pilotos ata quedar moi duro. Así, xa na saída tres pilotos adiantaron a Diego pero a carreira era moi longa e lonxe de perder os nervios, o valdeorrés foi remontando e collendo ritmo. “Tiven unha boa loita, de ti a ti, con Fernando Soler, ata o punto de pasarnos como 7 ou 8 veces ata que tivo un fallo nunha zona de pedras e puden coller distancia nas dúas últimas voltas e escapar ata levarme a 1° posición”, conta Diego satisfeito e moi agradecido cos patrocinadores que o están axudando para poder correr este campionato de España (Epiracing, Viñaredo, Fisioval, Recreativos Isaac, Gaseosas Roca, CD Córgomo Vilamartín e Pinturas Conde).

 

Artigos relacionados

Back to top button