É imbatible na casa. Pasadas as seis e media da tarde deste 14 de setembro Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco) conquistaba a súa 18ª vitoria no Decenso Internacional do Sil, nesta ocasión en K-1 sénior. Entraba en meta, rodeado de K-2, celebrando o seu novo triunfo e entre os aplausos do público.
Momentos antes o barco arxentino de Iván Balboa e Iván Balboa do Club CEPPRON facíase coa vitoria en K-2 sénior cun total dominio. Nesta categoría competían varias embarcacións valdeorresas, unha delas, a formada por Adrián Prada e Aitor López (Club de Piragüismo Olívico) lamentablemente resultaba descalificada na saída, aínda así fixeron o descenso ata a meta.
mentres que o primeiro C-1 sénior en cruzar a meta era o de Rubén Paz (Club de Mar Ría de Aldán). Numerosas persoas seguían a pé río ou dende o Malecón a chegada dos padeixeiros. Unhas 300 embarcacións (tanto individuais como dobres) tomaban a saída ás seis dende Sobradelo.
Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis información e fotos:
https://osil.info/o-fluvial-barco-suma-cinco-podios-no-53-descenso-do-sil/
https://osil.info/o-publico-toma-o-rio-para-seguir-o-53-descenso-do-sil/
https://osil.info/o-53-descenso-do-sil-un-referente-en-seguridade/
https://osil.info/os-fotografos-tamen-se-apuntan-ao-descenso-do-sil/
https://osil.info/o-tren-fluvial-do-descenso-do-sil-sae-da-estacion-do-barco/