
A comarca de Valdeorras foi unha das triunfadoras nesta edición da GaliciaSkills 2021, a 6º edición do Campionato Galego de Formación Profesional, con dúas Medallas de Ouro.
Unha delas conseguíaa o rues Alfonso Rodríguez (CIFP Paseo das Pontes, A Coruña) en Tecnoloxía da Moda, e a outra o barquense Jorge García González, en Peiteado.
Jorge fixo o Ciclo Medio de Perruquería no IES Lauro Olmo do Baco de Valdeorras e agora está en segundo do Ciclo Superior no CIFP Someso, A Coruña, onde lograba a medalla despois de recibir a máxima puntuación nas diferentes probas desta edición do concurso convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidad. “A primeira era de cor pero por tema Covid foi na aula levando un vídeo e expoñendo o feito e por que; a seguite era facer o corte diante do xurado no IES Lamas de Abade en Santiago e adornar a perruca para darlle realismo. Pola tarde tocaba o recollido de estilo libre a poder ser de día, máis casual pero cun toque de distinción”, explica o propio Jorge.

Orgulloso polo galardón, Jorge recoñece que aínda que non foi a súa primeira opción, o mundo da perruquería sempre lle chamou a atención. “Empecei a facer Bacharelato pero á metade empezou a tirarme bastante e cortáballe o pelo aos meus amigos por afección pero foime gustando cada vez máis e vin unha saída posible de algo que me enchía así que tirei por aí e a día de hoxe estou moi contento”, asegura.