ConcellosÚltima hora

O barquense Jorge Moral asiste á recepción na Moncloa con motivo do 40 aniversario da Constitución

Foi elixido polo seu currículo para representar á provincia de Ourense no acto

Mañá, 6 de decembro, celébrase o día da Constitución e, con motivo do 40 aniversario da creación da Carta Magna, celebrábase esta mañá unha recepción na Moncloa (Madrid) presidida polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez. E entre os asistentes estaba o barquense Jorge Moral.

Tal como explican dende o Concello do Barco de Valdeorras, dende a Delegación do Goberno solicitáronlle hai unhas semanas os nomes dun rapaz de dunha rapaza nados no ano 2000 que tiveran destacado nalgún ámbito. “Puxémonos en contacto cos institutos e dos nomes propostos, elixiron polo seu currículo a Jorge para representar á provincia de Ourense”.

Jorge Moral resultaba hai uns meses, gañador do I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button