DeportesEnduroÚltima hora

O barquense Jorge Paradelo, 2º en MX1 no Campionato Galego de Motocross, en Taboexa (As Neves)

 

 

O 2024 está sendo un bo ano para o piloto barquense Jorge Paradelo ao que se lle están dando moi ben as carreiras nas que participa.

A última era a carreira do Campionato Galego de Motocros disputada este domingo 17 de novembro no Circuíto de Taboexa, no concello pontevedrés de As Neves, no que competía xunto a preto de medio cento de pilotos, subindo ao segundo chanzo do podio. “E iso que na primeira volta tirárono e tivo que volver a empezar case de cero pero deuselle moi ben”, asegura o seu pai que o acompaña sempre que pode para darlle asistencia. O primeiro posto era para Iago Martínez.

A seguinte cita para Jorge será en Córdoba para participar na última carreira do Campionato de España de Enduro, no que vai de cuarto na xeral.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button