
Dúas de dúas. O piloto barquense Jorge Paradelo leva disputadas as dúas primeiras probas de enduro da Liga Galega da Moto de Campo, e nas dúas subía ao alto do podio na categoría elite.
Trala vitoria na Peroxa Paradelo vencía tamén na carreira disputada esta fin de semana en Ferreira de Pantón cun tempo de 00:31:55:844. Segundo en elite era Julio Pando e terceiro Carlos Moreiras mentres que o outro piloto barquense, Diego Teixeira, era 11º.

En Open 4t Jairo Cao (CD Córgomo Vilamartín) quedaba no 6º posto e en E2 Álex González (tamén de Valdeorras) era 13º.
Co resultado conseguido en Pantón, Jorge Paradelo mantén o liderato na clasificación xeral. A seguinte carreira da liga galega será o 26 de marzo en Piñor pero antes, Paradelo estará en Cataluña correndo a segunda proba do nacional en Oliana, tal como el mesmo adianta.

Fotos: Pablo Saa.