DeportesEnduroÚltima hora

O barquense Jorge Paradelo, segundo no mundial de Enduro, no GP de Portugal

Era terceiro na carreira do sábado e segundo na do domingo (Open 4s) celebradas esta fin de semana Peso da Regua

Jorge Paradelo no segundo chanzo do podio.

 

O piloto barquense Jorge Paradelo está inmerso no mundial de Enduro, situándose no alto da clasificación logo de facer podio no GP de Portugal celebrado esta fin se semana en Peso da Regua-Amamar.

Conseguía ser terceiro na carreira do sábado e segundo na do domingo, subindo ao segundo chanzo do podio en Open 4s a pesares de ter molestias nun pé. Unha semana antes o piloto barquense participaba noutra proba do mundial, nesa ocasión en Lalín onde era terceiro.

A seguinte cita será a finais de xuño en Carpineti (Italia).

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button