OurenseÚltima hora

O barrio da Ponte celebrará as Festas de Santiago do sábado 23 ao luns 25 de xullo

A cita ten como principais atractivos os espectáculos “Camiñantes e cantantes” con La Oca Band acompañada de Manquiña, Pepo Suevos e Lucía Pérez, as actuacións da orquestra Função Públika, o concerto de María do Ceo e os fogos artificiais

Fogos Artificiais na cidade de Ourense.

 

O Concello de Ourense organiza do sábado 24 ao luns 25 de xullo as Festas do Barrio da Ponte 2022. O espectáculo ”Camiñantes e cantantes”, con La Oca Band, Pepo Suevos, Manquiña e Lucía Pérez, as actuacións da orquestra Função Públika, o concerto de María do Ceo e o espectáculo de fogos artificiais son algunhas das propostas máis destacadas da programación organizada pola Concellería de Artes e Festexos para esta tradicional celebración.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome anima a toda a veciñanza da cidade e moi especialmente a do propio barrio da Ponte “para que celebren as súas festas patronais, cunhas actuacións realmente bonitas”. O rexedor explica que o Concello se implicou e asumiu directamente a organización dos eventos para asegurar a continuidade desta celebración, que nesta edición corría perigo de non poder levarse a cabo: “Normalmente no Concello de Ourense as festas dos barrios as organizadas por comisión de festas, mais no caso das festas da Ponte, caeu a comisión de festas, de forma que o Concello tivo que botar man a última hora para organizar uns eventos realmente importantes para esta fin de semana”.

O espectáculo “Camiñantes e cantantes” desenvolverase o sábado 23 ás 23 horas na Avenida de Santiago; a Orquestra Função Publika actuará o domingo 24, tamén na Avenida de Santiago, en dobre sesión: de 21 a 22 h e de 24:00 a 2 h; a cantante María do Ceo actuará o domingo 24 ás 22:30 horas no Parque Ribeira de Canedo (xunto á Ponte Vella); e os fogos artificiais serán esa mesma noite, desde as 23.59 h, entre a Ponte Vella e a Ponte do Milenio. A tradicional procesión terá lugar o domingo ás 12 horas.

Artigos relacionados

Back to top button